Moitas das mulleres que levaron adiante a conserveira e baleeira aínda seguen a traballar, agora adicándolle tempo ao estudo, un tempo que antes estaba ocupado nos labores de escunchar, cochar, enlatar... É un pracer comprobar que o desexo por aprender e saber segue vivo.
Pois ben, estanse a converter nas nosas testemuñas de valor incalculable, as que nos fan pensar que agora é o momento xusto para recoller a memoria viva da vila de Cangas. Xa van varios xoves que me achego ao local da Asociación A Cepa para falar con elas e o que lles escoito engaiólame, hai tanto que dicir... Moitas grazas por regalarme o voso saber.
18 diciembre 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
"Cochar". Cando no inverno, de pequeno, ía para a cama, o meu abó dicíame: "acóchate ben".
ResponderEliminarQuen mellor cá nosa lingua expresa o que sentimos?.