18 diciembre 2009

Falando con algunhas das protagonistas da nosa historia.

Moitas das mulleres que levaron adiante a conserveira e baleeira aínda seguen a traballar, agora adicándolle tempo ao estudo, un tempo que antes estaba ocupado nos labores de escunchar, cochar, enlatar... É un pracer comprobar que o desexo por aprender e saber segue vivo.
Pois ben, estanse a converter nas nosas testemuñas de valor incalculable, as que nos fan pensar que agora é o momento xusto para recoller a memoria viva da vila de Cangas. Xa van varios xoves que me achego ao local da Asociación A Cepa para falar con elas e o que lles escoito engaiólame, hai tanto que dicir... Moitas grazas por regalarme o voso saber.

1 comentario:

  1. "Cochar". Cando no inverno, de pequeno, ía para a cama, o meu abó dicíame: "acóchate ben".

    Quen mellor cá nosa lingua expresa o que sentimos?.

    ResponderEliminar