09 diciembre 2010

Entrevista na Radio Galega no "Expreso de medianoite"

O sábado 4 de decembro a Radio Galega falou con algúns dos participantes na creación do documental Ronseis do salitre. Falaron para o programa Expreso de medianoite, emitido ás 00.05 da noite, o alumno Saúl López Soliño e a profesora Rosa Varela. Saúl contoulles a todos os oíntes o que facía a súa tía Maruja na fábrica, explicou o significado dalgunhas expresións utilizadas polas traballadoras; e Rosa explicou como se xestou e como naceu o proxecto, e ademais o significado do título do documental.
Aquí tendes a gravación correspondente. Gustaravos e emocionaravos.


Agradecemos a Esther Medina, xefa do servizo de Innovación e Novas Canles da RTVG, a súa atención e amabilidade ao facilitarmos a gravación.


1 comentario:

  1. Gracias Rosa por tu visita.

    mi pregunta tan personal es, ¿eres profesora de secundaria?

    me alegro mucho.

    Organizar proyectos con los alumnos para conservar las tradiciones, las mujeres conserveras y pioneras, sus vidas en general.
    Una excelente actividad que habrá sido muy motivadora y enriquecedora.

    un abrazo

    ResponderEliminar