10 noviembre 2025
06 noviembre 2025
23 noviembre 2016
15 enero 2012
21 diciembre 2011
Que mágoa!
Aínda non hai moito, publicabamos no blog unha entrada sobre o patrimonio conserveiro-lingüístico de Cangas, na que faciamos mención dunha das poucas fábricas que quedaban no Concello con actividade produtiva.
O pasado 18 de Nadal un incendio destruíu a fábrica de conservas Lago Paganini. A nosa solidariedade e desexos dunha pronta volta á actividade produtiva; en beneficio de tod@s.

09 diciembre 2010
Entrevista na Radio Galega no "Expreso de medianoite"
O sábado 4 de decembro a Radio Galega falou con algúns dos participantes na creación do documental Ronseis do salitre. Falaron para o programa Expreso de medianoite, emitido ás 00.05 da noite, o alumno Saúl López Soliño e a profesora Rosa Varela. Saúl contoulles a todos os oíntes o que facía a súa tía Maruja na fábrica, explicou o significado dalgunhas expresións utilizadas polas traballadoras; e Rosa explicou como se xestou e como naceu o proxecto, e ademais o significado do título do documental.
Aquí tendes a gravación correspondente. Gustaravos e emocionaravos.
Agradecemos a Esther Medina, xefa do servizo de Innovación e Novas Canles da RTVG, a súa atención e amabilidade ao facilitarmos a gravación.
20 septiembre 2010
Proxecto de dinamización lingüística 2010-2011
ESCUNCHANDO A LINGUA: VERBAS POLA GALAXIA DA PUBLICIDADE.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

